luns, 6 de abril de 2020

Os adxetivos

Bo día rapaces e rapazas!!!!

Hoxe repasaremos os adxetivos... recordade que tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega seguimos as mesmas regras.

Recordamos.....

Se vos digo a frase.... 

"Os rapaces de 5ºA de Educación Primaria do CEIP Alborada son moi traballadores e amables."

Que clase de palabra son traballadores e amables? Exacto! Adxetivos.

Os Adxetivo é un tipo de palabra variable que acompaña o substantivo e concorda con el en xénero e número.

A calidade que expresa o adxectivo pódese manifestar en diversos graos: positivo, comparativo e superlativo.


  • Grao positivo: É o grao no que está un adxectivo que expresa unha calidade ou estado sen matizar ningunha intensidade do mesmo. 
    • El é unha persoa interesante.
  • Grao comparativo: Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade coa que dous substantivos posúen a mesma calidade: 
    • Este chiste é máis divertido ca o anterior.
  • Grao superlativo: Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu maior grao: 
    • Estou esgotadísima.
A comparación pode ser de tres tipos:
  • De igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. 
    • Os contos son tan interesantes coma as novelas. 
  • De inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra.
    • Os contos son menos interesantes ca as novelas
  • De superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. 
    • Os contos son máis interesantes ca as novelas.
OLLO! Lembra que adxetivos coma grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo presentan formas para o comparativo específicas, que son: maior, menor, mellor, peor, superior e inferior, respectivamente.

Se vos animales podedes facer o seguinte xogo en liña para repasar os graos dos adxetivos:  Xogo dos grados dos adxetivos

Por último, deixo un video a modo de resumo:







Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_adx_01.html?orix=ud1&tare=11&tema=/mor_adx_01.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario