Boas, rapaces e rapazas:
Seguimos a repasar os aparellos. Hoxe toca recordar o aparello circulatorio.
É o sistema corporal encargado de transportar o osíxeno e os nutrientes ás células e eliminar os seus refugallos metabólicos que se han de eliminar despois polos riles, nos ouriños, e polo aire exhalado nos pulmóns, rico en dióxido de carbono (CO2).
O aparello circulatorio está conformado polo corazón e os vasos sanguíneos, incluíndo as arterias, as veas e os capilares.
Recoméndovos facer estos exercicios de repaso. Neles afondares no funcionamento do aparello circulatorio, o sangue e o corazón: Exercicios: Aparello Circulatorio
Deixo os seguintes vídeos explicativos:
O aparello circulatorio
O corazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario