martes, 7 de abril de 2020

Para saber máis: curiosidades sobre os ollos

Sabíades que os bebés choran nun primer 
momento sen bágoas? Lágrimas de crocodilo!!!!

Por que parpadeamos? Cantas veces o facemos ó día? Crecen os nosos ollos?

Se queres descubrir máis.... mira o seguinte vídeo:


Para saber máis: Curiosidades sobre o corpo humano



O corpo humano está cheo de curiosidades.... 

Canto sabes sobre el? Descúbreo no seguinte vídeo:

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO



Para saber máis: Curiosidades sobre o esqueleto humano


Sabíades que temos os mesmos osos 
no pescozo que unha xirafa? Pos si!!!!

Que é máis forte o aceiro ou un óso humano? Canto peso poden soportar os nosos ósos? Cantos ósos temos en total no noso corpo?

A resposta a estas preguntas e máis... no seguinte vídeo:



O aparello REPRODUTOR FEMENINO E MASCULINO

Bo día:

Seguimos a repasar os aparellos!!!

A función de reprodución, como o seu nome indica... a realizan os aparellos reprodutor masculino e feminino.

Que entendemos por aparello reprodutor?

É un conxunto de diferentes órganos encargado da función vital da reprodución. A condición de función vital é debida non a un só individuo senón ao conxunto da especie. Un individuo pode non ter fillos e non morre por iso. Pero se ningún individuo da especie tivese fillos a especie desaparecería. Por iso é unha función vital.  A reprodución humana é unha reprodución sexual: necesita dunha célula sexual masculina (espermatozoide) e unha célula sexual feminina (óvulo).

Cales son as partes do aparello reprodutor masculino?

O aparello reprodutor masculino está formado por: 
  • O pene: órgano musculoso cun conduto interior chamado uretra polo que sae ao exterior o seme. 
  • Os testículos: órganos encargados de producir os espermatozoides. Están aloxados nunha bolsa chamada escroto.  
  • Condutos deferentes: tubos polos que se comunican os testículos coa uretra.
  • Próstata e as  vesículas  seminales: órganos que producen o seme ou líquido no que nadan e transpórtanse os espermatozoides.
Cales son as partes do aparello reprodutor feminino?

O aparello reprodutor feminino está formado por: 
  • Vulva: parte exterior do aparello reprodutor, cuns pliegues chamados beizos. 
  • Vaxina: Tubo que comunica o exterior co útero. 
  • Útero: órgano musculoso destinado a aloxar ao novo ser. 
  • Ovarios: órganos produtores das células femininas, os óvulos
  • Trompas de falopio: tubos que comunican os ovarios co útero e lugar onde se produce a fecundación.
Agora que xa repasamos as partes... realiza os seguintes exercicios propostos nos que identifiques e nomeas as partes dos aparellos reprodutores feminino e masculino:

Por último, deixo un vídeo:

O aparato reprodutor femenino e masculino


A reproducción humana



Bibliografía: https://www.educantabria.es/docs/Digitales/Primaria/Cono_3_ciclo/CONTENIDOS/CUERPO%20HUMANO/DEFINITIVO%20REPRODUCTOR/Publicar/page2.html

O aparello DIXESTIVO

Boas a todos e a todas:

Que aparato é o encargado de facer a dixestión? Exacto! O aparello dixestivo

Está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.  

O tubo dixestivo empeza na boca, continúa pola farinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso e o anoAo estar dobrado (fundamentalmente no intestino delgado) a súa lonxitude pode chegar, nunha persoa adulta, a medir os once metros. No interior deste tubo hai un número moi elevado de bacterias que se nutren dos alimentos que percorren o tubo pero que son de gran axuda no proceso dixestivo.  

Existen dous tipos de glándulas dixestivas: as glándulas microscópicas aloxadas en gran número nas paredes do estómago (segregan o zume gástrico) e no intestino delgado (fabrican o zume intestinal) e as glándulas anexas que se atopan fóra do tubo dixestivo e verten os seus zumes ao interior de este mediante condutos. Temos as glándulas salivares da boca que segregan a saliva, o fígado que produce a bile e o páncreas que crea o zume pancreático.


Aquí tedes dous exercicios para reforzar o aprendido: 

Por último, deixo un vídeo:


O aparello dixestivo e a dixestión



Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1526461523/contido/resources/txtIma_Nutre1/txtIma_Nutre14.htm

O aparello EXCRETOR

Repasemos o aparello EXCRETOR....

Cal é a sea función?

A función excretora abrangue os procesos mediante os cales o organismo expulsa as substancias prexudiciais que se produciron no metabolismo

Os produtos de excreción máis importantes son:  
  • Dióxido de carbono e o CO2: eliminado polo aparello respiratorio. 
  • Suor: eliminada polas glándulas sudoríparas da pel. 
  • Urina: eliminada polo aparello urinario.
Cal son os órganos que o conforman?
  • Riles: actúan como filtros. Son os encargados de limpar o sangue de substancias tóxicas, como a urea, que son expulsadas a través da urina. 
  • Uréteres: son os condutos que conectan os riles coa vexiga. 
  • Vexiga: é un órgano oco que serve para acumular os ouriños. 
  • Uretra: é un tubo que conduce a urina desde a vexiga ata o exterior durante a micción.
Identifica as suas partes no seguinte exercicio: Partes do aparello excretor


O aparello excretor




Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1412065704/contido/224o_aparello_excretor.html

O aparello circulatorio: O CORAZÓN

Qué importante é coidarse e levar unha vida saudable para ter un corazón san e forte!!!!

O noso corazón é moi traballador... 

Cantas veces ó día latexa o corazón? Cantos litros de sangue bombea o corazón por minuto? 

A resposta a estas preguntas e máis curiosidades... no seguinte video:

Curiosidades do corazón


O aparello CIRCULATORIO

Boas, rapaces e rapazas:

Seguimos a repasar os aparellos. Hoxe toca recordar o aparello circulatorio.

É o sistema corporal encargado de transportar o osíxeno e os nutrientes ás células e eliminar os seus refugallos metabólicos que se han de eliminar despois polos riles, nos ouriños, e polo aire exhalado nos pulmóns, rico en dióxido de carbono (CO2).

O aparello circulatorio está conformado polo corazón e os vasos sanguíneos, incluíndo as arterias, as veas e os capilares.

Recoméndovos facer estos exercicios de repaso. Neles afondares no funcionamento do aparello circulatorio, o sangue e o corazón: Exercicios: Aparello Circulatorio

Deixo os seguintes vídeos explicativos:



O aparello circulatorio


O corazón 




O aparello RESPIRATORIO


Bo día!

Hoxe imos a falar do aparello respiratorio.

O aparello respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns.  

As vías respiratorias comunican nariz e boca cos pulmóns. Son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe a traquea e os bronquios que se van dividindo en tubos máis pequenos dentro dos pulmóns chamados bronquíolos.  

Os pulmóns son dous e atópanse dentro da caixa torácica, están formados polos bronquíolos que rematan en pequenos sacos microscópicos chamados alvéolos pulmonares cuxas paredes están recubertas de capilares sanguíneos onde se produce o intercambio de gases.

Seredes quen de identificar estas partes? Aquí tedes un exercicio sobre as partes do aparello respiratorio


Vídeo sobre o aparello respiratorio

luns, 6 de abril de 2020

Os órganos dos sentidos

Boas a todos e a todas!

Como estades? Hoxe imos repasar... os órganos dos sentidos

Que importantes son, verdade???? 

Grazas á vista podemos ver paisaxes fermosas.
Grazas ao olfato podemos ulir o cheiro das flores.
Grazas ao tacto podemos sentir unha caricia.
Grazas ao gusto podemos saborear unha deliciosa comida.
Grazas ao oido podemos escoitar a nosa canción favorita.

Con que sentido imos desfrutar da seguinte canción? 




Recordemos as partes de cada un e as suas funcións cos seguintes vídeos.
Con que sentido imos vélos????


O OLFATO


O OIDO


O GUSTO


O TACTO


A VISTA




O verbo


Bo día!

Hoxe imos a recordar o aprendido sobre os verbos...

Aquí tedes uns exercicios moi interesantes para practicar o aprendido na aula: Exercicios sobre o verbo

Se queredes refrescar a teoría... deixo un resumo en forma de vídeo en castelán:






Os determinantes

Boas!!!


Deixovos uns vídeos para repasar os determinantes.... 

Os vídeos son en castelán pero xa sabedes que os demos tanto en Lingua Galega como en Lingua Castelán.

Alá vamos!


Os Determinantes



Os determinantes artigos e demostrativos


Os determinantes posesivos, indefinidos e numerais.



Os determinantes: Contraccións

Bo día a todos a todas!

Recordamos que existen dous tipos diferentes de artigos: os artigos determinados e os artigos indeterminados.

En Lingua Galega, as contraccións dos determinantes soen darnos moita dor de cabeza. 
A mellor medicina: repasalos! 

Repasamos os artigos determinados:

SingularPlural
Maculinooos
Femininoaas

Cando as formas do artigo van seguidas de determinadas palabras prodúcese a contracción nunha única forma. Nalgúns casos esa contracción dáse na fala e tamén na escrita, é o que sucede cando o seguen as seguintes preposicións:


Prep
Art
ACONDEENPOR
Oao / ócodonopolo
Aácoadanapola
OSaos / óscosdosnospolos
ASáscoasdasnaspolas

E co artigos indeterminados?


Primeiro... cómpre recordar os artigos indeterminados:

SingularPlural
Maculinoununs
Femininounhaunhas

OLLO: Estas formas coinciden coas formas correspondentes dos adxectivos determinativos numerais e indefinidos e non sempre é fácil distinguilos, sobre todo do indefinido. Convén lembrar que cando é un artigo carece de significado, mentres que cando é un adxectivo determinativo si que o ten. Fíxate: Vin unha noticia no xornal que me sorprendeu, unha non é un numeral porque non se refire a unha unidade (non é unha fronte a dúas) e tampouco é un indefinido porque non se refire a unha identidade imprecisa (non se refire a unha calquera).

Entón.... Como se contraen os artigos indeterminados??? 

Prep
Art
CONDEEN
UNcundunnun
UNHAcunhadunhanunha
UNScunsdunsnuns
UNHAScunhasdunhasnunhas

Agora... a practicar!

Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_det_01.html?orix=mor&tema=mor_det_01.html






Os adxetivos

Bo día rapaces e rapazas!!!!

Hoxe repasaremos os adxetivos... recordade que tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega seguimos as mesmas regras.

Recordamos.....

Se vos digo a frase.... 

"Os rapaces de 5ºA de Educación Primaria do CEIP Alborada son moi traballadores e amables."

Que clase de palabra son traballadores e amables? Exacto! Adxetivos.

Os Adxetivo é un tipo de palabra variable que acompaña o substantivo e concorda con el en xénero e número.

A calidade que expresa o adxectivo pódese manifestar en diversos graos: positivo, comparativo e superlativo.


  • Grao positivo: É o grao no que está un adxectivo que expresa unha calidade ou estado sen matizar ningunha intensidade do mesmo. 
    • El é unha persoa interesante.
  • Grao comparativo: Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade coa que dous substantivos posúen a mesma calidade: 
    • Este chiste é máis divertido ca o anterior.
  • Grao superlativo: Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu maior grao: 
    • Estou esgotadísima.
A comparación pode ser de tres tipos:
  • De igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. 
    • Os contos son tan interesantes coma as novelas. 
  • De inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra.
    • Os contos son menos interesantes ca as novelas
  • De superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. 
    • Os contos son máis interesantes ca as novelas.
OLLO! Lembra que adxetivos coma grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo presentan formas para o comparativo específicas, que son: maior, menor, mellor, peor, superior e inferior, respectivamente.

Se vos animales podedes facer o seguinte xogo en liña para repasar os graos dos adxetivos:  Xogo dos grados dos adxetivos

Por último, deixo un video a modo de resumo:







Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_adx_01.html?orix=ud1&tare=11&tema=/mor_adx_01.html

xoves, 2 de abril de 2020

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

BO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL!

Quentamos motores para o día do libro (que será a finales deste mes, o día 23) celebrando o día do libro infantil e xuvenil!

Sabíades que coincide coa data de nacimiento do escritor danés Hans Christian Andersen

Aquí deixamos un corto moi chulo sobre o marabilloso que é ler!






2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Boas a todos e a todas!

Sabíades que... hoxe día 2 de Abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo?

Neste día se pretende concienciar e recoñecer os dereitos das persoas con TEA!

Como dicimos no cole: DEREITO A SER EU

Deixamos un vídeo para que reflexionedes un pouco...





A IGUALDADE: IGUALDADE DE OPORTUNIDADES


Agora que tedes tempo podedes repasar estos vídeos que visualizamos na clase sobre o dereito a igualdade de oportunidades para todos e todas.






mércores, 1 de abril de 2020

Xa somos de 5º EP!

Agora xa estamos en 5º.... evolucionamos nós e con nós, cambia o blog!

Estade atentos para as próximas novidades.