martes, 7 de abril de 2020

O aparello REPRODUTOR FEMENINO E MASCULINO

Bo día:

Seguimos a repasar os aparellos!!!

A función de reprodución, como o seu nome indica... a realizan os aparellos reprodutor masculino e feminino.

Que entendemos por aparello reprodutor?

É un conxunto de diferentes órganos encargado da función vital da reprodución. A condición de función vital é debida non a un só individuo senón ao conxunto da especie. Un individuo pode non ter fillos e non morre por iso. Pero se ningún individuo da especie tivese fillos a especie desaparecería. Por iso é unha función vital.  A reprodución humana é unha reprodución sexual: necesita dunha célula sexual masculina (espermatozoide) e unha célula sexual feminina (óvulo).

Cales son as partes do aparello reprodutor masculino?

O aparello reprodutor masculino está formado por: 
  • O pene: órgano musculoso cun conduto interior chamado uretra polo que sae ao exterior o seme. 
  • Os testículos: órganos encargados de producir os espermatozoides. Están aloxados nunha bolsa chamada escroto.  
  • Condutos deferentes: tubos polos que se comunican os testículos coa uretra.
  • Próstata e as  vesículas  seminales: órganos que producen o seme ou líquido no que nadan e transpórtanse os espermatozoides.
Cales son as partes do aparello reprodutor feminino?

O aparello reprodutor feminino está formado por: 
  • Vulva: parte exterior do aparello reprodutor, cuns pliegues chamados beizos. 
  • Vaxina: Tubo que comunica o exterior co útero. 
  • Útero: órgano musculoso destinado a aloxar ao novo ser. 
  • Ovarios: órganos produtores das células femininas, os óvulos
  • Trompas de falopio: tubos que comunican os ovarios co útero e lugar onde se produce a fecundación.
Agora que xa repasamos as partes... realiza os seguintes exercicios propostos nos que identifiques e nomeas as partes dos aparellos reprodutores feminino e masculino:

Por último, deixo un vídeo:

O aparato reprodutor femenino e masculino


A reproducción humana



Bibliografía: https://www.educantabria.es/docs/Digitales/Primaria/Cono_3_ciclo/CONTENIDOS/CUERPO%20HUMANO/DEFINITIVO%20REPRODUCTOR/Publicar/page2.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario