martes, 7 de abril de 2020

O aparello DIXESTIVO

Boas a todos e a todas:

Que aparato é o encargado de facer a dixestión? Exacto! O aparello dixestivo

Está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.  

O tubo dixestivo empeza na boca, continúa pola farinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso e o anoAo estar dobrado (fundamentalmente no intestino delgado) a súa lonxitude pode chegar, nunha persoa adulta, a medir os once metros. No interior deste tubo hai un número moi elevado de bacterias que se nutren dos alimentos que percorren o tubo pero que son de gran axuda no proceso dixestivo.  

Existen dous tipos de glándulas dixestivas: as glándulas microscópicas aloxadas en gran número nas paredes do estómago (segregan o zume gástrico) e no intestino delgado (fabrican o zume intestinal) e as glándulas anexas que se atopan fóra do tubo dixestivo e verten os seus zumes ao interior de este mediante condutos. Temos as glándulas salivares da boca que segregan a saliva, o fígado que produce a bile e o páncreas que crea o zume pancreático.


Aquí tedes dous exercicios para reforzar o aprendido: 

Por último, deixo un vídeo:


O aparello dixestivo e a dixestión



Bibliografía: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1526461523/contido/resources/txtIma_Nutre1/txtIma_Nutre14.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario