Que é máis forte o aceiro ou un óso humano? Canto peso poden soportar os nosos ósos? Cantos ósos temos en total no noso corpo? A resposta a estas preguntas e máis... no seguinte vídeo:
A función de reprodución, como o seu nome indica... a realizan os aparellos reprodutor masculino e feminino.
Que entendemos por aparello reprodutor?
É un conxunto de diferentes órganos encargado da función vital da reprodución. A condición de función vital é debida non a un só individuo senón ao conxunto da especie. Un individuo pode non ter fillos e non morre por iso. Pero se ningún individuo da especie tivese fillos a especie desaparecería. Por iso é unha función vital. A reprodución humana é unha reprodución sexual: necesita dunha célula sexual masculina (espermatozoide) e unha célula sexual feminina (óvulo).
Cales son as partes do aparello reprodutor masculino?
O aparello reprodutor masculino está formado por:
O pene: órgano musculoso cun conduto interior chamado uretra polo que sae ao exterior o seme.
Os testículos: órganos encargados de producir os espermatozoides. Están aloxados nunha bolsa chamada escroto.
Condutos deferentes: tubos polos que se comunican os testículos coa uretra.
Próstata e as vesículas seminales: órganos que producen o seme ou líquido no que nadan e transpórtanse os espermatozoides.
Cales son as partes do aparello reprodutor feminino?
O aparello reprodutor feminino está formado por:
Vulva: parte exterior do aparello reprodutor, cuns pliegues chamados beizos.
Vaxina: Tubo que comunica o exterior co útero.
Útero: órgano musculoso destinado a aloxar ao novo ser.
Ovarios: órganos produtores das células femininas, os óvulos.
Trompas de falopio: tubos que comunican os ovarios co útero e lugar onde se produce a fecundación.
Agora que xa repasamos as partes... realiza os seguintes exercicios propostos nos que identifiques e nomeas as partes dos aparellos reprodutores feminino e masculino:
Que aparato é o encargado de facer a dixestión? Exacto! O aparello dixestivo
Está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.
O tubo dixestivo empeza na boca, continúa pola farinxe, esófago, estómago, intestinodelgado, intestino groso e o ano. Ao estar dobrado (fundamentalmente no intestino delgado) a súa lonxitude pode chegar, nunha persoa adulta, a medir os once metros. No interior deste tubo hai un número moi elevado de bacterias que se nutren dos alimentos que percorren o tubo pero que son de gran axuda no proceso dixestivo.
Existen dous tipos de glándulas dixestivas: as glándulasmicroscópicas aloxadas en gran número nas paredes do estómago (segregan o zume gástrico) e no intestino delgado (fabrican o zume intestinal) e as glándulas anexas que se atopan fóra do tubo dixestivo e verten os seus zumes ao interior de este mediante condutos. Temos as glándulas salivares da boca que segregan a saliva, o fígado que produce a bile e o páncreas que crea o zume pancreático.
Aquí tedes dous exercicios para reforzar o aprendido: